Agora non, Bernardo (tras os montes)

$ 1,532.00
ISBN: 9788484644286
–Ola, papá –dixo Bernardo. –Agora non, Bernardo –dixo seu pai. –Ola, mamá –dixo Bernardo. –Agora non, Bernardo –dixo súa nai. –Hai un monstro no xardín e vaime comer –dixo Bernardo… Este clásico de 1980 é unha inquietante e divertida historia para primeiros lectores, e á vez un toque de atención aos adultos, tan ocupados nas súas cousas que non atenden abondo as necesidades -xa non materiais, senón afectivas- dos cativos. Malia que Bernardo avisa os seus pais de que hai un monstro a piques de papalo, ningún lle fai caso. No cume do absurdo, o monstro chega a ocupar o lugar do neno no fogar, sen que ninguén máis da familia se decate e persistan en ignoralo, como facían co rapaz.