Tralo éxito de Mamá (VI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado), Mariana Ruiz Johnson preséntanos neste novo álbum a experiencia dunha nai que ten que ausentarse durante un tempo do fogar por motivos laborais. A viaxe de mamá abarca todo o proceso: a preparación da equipaxe, a despedida no aeroporto, os cambios na rutina doméstica, a comunicación a distancia grazas aos avances da tecnoloxía e o retorno á casa. A través dun sinxelo relato en primeira persoa, asistimos á evolución nas emocións do fillo pequeno, que pasa de extrañar a presenza, a voz e mesmo o arrecendo da súa nai, a descubrir o día a día na compaña do pai.