Somos amigos? (demademora)

$ 791.00
ISBN: 9788484649984
“Somos amigos?” é un álbum ilustrado dirixido a pre-lectores e a primeiros lectores sobre a construción da amizade entre un neno e un oso: a priori, dous personaxes moi diferentes, pero que poden ser complementarios se se axudan mutuamente. Anabel Fernández Rey estrutura a obra en dúas partes, amosando os puntos de vista, os desexos e as necesidades dos protagonistas ante situacións cotiás. Porque aínda que ás veces temos que facer cousas polos demais que non nos gustan ou nos custan certo esforzo, é entón cando se demostra a verdadeira amizade: como entrega, dende a cooperación, a xenerosidade e sen egoísmo. Porque apoiándonos nas dificultades fortalécense os lazos afectivos. Porque non importa o distintos que sexamos fisicamente ou as capacidades diferentes que teñamos