Garavanciño (Os contos do Trasno)

$ 766.00
ISBN: 9788484646822
Había unha vez unha familia que tiña un fillo moi pequeno, tan pequeno coma un garavanzo. Por iso decidiron chamarlle Garavanciño. Un día cando a súa nai estaba facendo o xantar, notou que lle faltaba o azafrán. Garavanciño axiña se ofreceu para ir á tenda. A nai nunca o deixaba saír só da casa porque tiña medo de que a xente non o vise e o pisase. Pero Garavanciño insistiu. Díxolle á súa nai que iría cantando; así, aínda que non o visen, sentiríano e ninguén o pisaría... KALANDRAKA recuperou este relato de tradición oral, de estrutura encadeada e ritmo acumulativo. Como todos os que pertencen a este xénero, “Garavanciño” posúe un alto nivel pedagóxico e contribúe a construír a mente dos primeiros lectores, porque os contos populares son o nexo entre a cultura dos maiores e o mundo moderno actual.