{"product_id":"operacions-auxiliares-de-xestion-de-tesouraria","title":"Operacións auxiliares de xestión de tesouraría","description":"Este libro desenvolve os contidos do módulo profesional de Operacións Auxiliares de Xestión de Tesouraría, do Ciclo Formativo de grao medio de Xestión Administrativa, pertencente á familia profesional de Administración e Xestión. Os contidos tratados correspóndense cos establecidos no currículo oficial vixente na Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 191\/2010, do 28 de outubro.;Operacións auxiliares de xestión de tesouraría iníciase cunha introdución ao sistema financeiro español que facilita o coñecemento dos instrumentos e mercados, así como das institucións que operan en dito sistema.;A continuación, trátanse os medios de cobramento e pagamento, e diferentes elementos de control de tesouraría. Deseguido, explícanse os cálculos propios das operacións financeiras, desde as leis de capitalización simple e composta ou o desconto comercial, ata as rendas e a liquidación de préstamos. O libro remata cunha parte dedicada ás operacións de seguros.;Cada unidade inclúe, ademais da explicación teórica necesaria, numerosas actividades resoltas e exemplos, táboas, figuras e cadros con información adicional, mapas conceptuais e actividades finais de comprobación (tests para a toma de conciencia do grao de dominio da materia), e de ampliación (casos propostos con solución final). Así mesmo, achéganse ao longo das diferentes unidades actividades propostas, para que o profesor dispoña dunha ferramenta adicional que complemente a explicación teórica.;En definitiva, Operacións auxiliares de xestión de tesouraría contén a formación necesaria para habilitar o alumnado para a realización das operacións administrativas propias do procedemento de xestión de tesouraría necesarias para a adecuada dirección financeira da empresa.;O autor, licenciado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela, conta con máis de 20 anos de experiencia profesional na docencia de Formación Profesional e Bacharelato da rama Administrativa. Ademais, desempeñou cargos directivos durante varios anos e, actualmente, compaxina a actividade docente coa Coordinación de Programas Internacionais, xestionando prácticas laborais no estranxeiro para alumnos de ciclos formativos.","brand":"Ediciones Paraninfo","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":40684252037163,"sku":"9788497329828","price":1378.0,"currency_code":"MXN","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/2321\/9467\/files\/8860bb89-a49e-4c49-8ae2-48e3c888e38d.jpg?v=1701330554","url":"https:\/\/cadabrabooks.com\/products\/operacions-auxiliares-de-xestion-de-tesouraria","provider":"Cadabra \u0026 Books","version":"1.0","type":"link"}